{"id":23809,"date":"2018-07-13T18:46:12","date_gmt":"2018-07-13T16:46:12","guid":{"rendered":"https:\/\/nova.arturamon.com\/jorge-r-pombo-alquimista-e-confrontador-contrarios\/"},"modified":"2018-11-08T18:21:24","modified_gmt":"2018-11-08T17:21:24","slug":"jorge-r-pombo-alquimista-e-confrontador-contrarios","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/arturamon.com\/es\/jorge-r-pombo-alquimista-e-confrontador-contrarios\/","title":{"rendered":"Jorge R. Pombo, alquimista e confrontador de contrarios"},"content":{"rendered":"<p>Os cami\u00f1os da arte contempor\u00e1nea son m\u00faltiples e insospeitados. Na galer\u00eda Artur Ramon al\u00f3xanse agora unha\u00a0<i>variaci\u00f3ns<\/i>\u00a0pict\u00f3ricas elaboradas a partires de pezas renacentistas. O artista \u00e9 Jorge R. Pombo que leva m\u00e1is dunha d\u00e9cada interpretando esas\u00a0<i>variaci\u00f3ns<\/i>.\u00a0<i>Variaci\u00f3ns<\/i>\u00a0que organiza entre a homenaxe aos grandes mestres e o vandalismo canalla e surrealista.\u00a0<i>Variaci\u00f3ns\u00a0<\/i>que executadas coma quen enfila o\u00a0<i>tao<\/i>, o cami\u00f1o. Haber\u00e1 algunha constataci\u00f3n de que o azar cada d\u00eda \u00e9 menos azaroso?<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Variacions<\/b><b>. Loita dos contrarios<\/b><\/p>\n<p><i>Vida e morte son abstracci\u00f3ns do crecemento;<\/i><\/p>\n<p><i>Dificultade e facilidade son abstracci\u00f3ns do progreso;<\/i><\/p>\n<p><i>Cerca e lonxe son abstracci\u00f3ns da posici\u00f3n;<\/i><\/p>\n<p><i>Forza e debilidade son abstracci\u00f3ns do control;<\/i><\/p>\n<p><i>M\u00fasica e fala son abstracci\u00f3ns da harmon\u00eda;<\/i><\/p>\n<p><i>Antes e despois son abstracci\u00f3ns da secuencia.<\/i><\/p>\n<p>(Lao Tse.\u00a0<i>Tao Te King<\/i>)<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Na m\u00edstica, na filosof\u00eda oriental, ten moito predicamento a lectura da natureza, da vida e da existencia en xeral como unha loita de contrarios. A vida e a morte son complementarias. No libro\u00a0<i>Tao Te King<\/i>, do pensador Lao Tse, explic\u00edtase continuamente ese anverso\/reverso, ese positivo\/negativo, que se alberga dentro de cada ser, de cada obxecto.<\/p>\n<div id=\"attachment_13062\" class=\"wp-caption alignleft\" style=\"width: 452px;\"><a href=\"https:\/\/i2.wp.com\/palavracomum.com\/wp-content\/uploads\/2018\/07\/Pombo.-Variacions-de-Tintoretto-A.jpg\" data-rel=\"lightbox-image-0\" data-rl_title=\"\" data-rl_caption=\"\" title=\"\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-13062\" src=\"https:\/\/i2.wp.com\/palavracomum.com\/wp-content\/uploads\/2018\/07\/Pombo.-Variacions-de-Tintoretto-A.jpg?resize=386%2C258\" alt=\"\" width=\"452\" height=\"302\" data-lazy-loaded=\"true\" \/><\/a><\/div>\n<p>Nos anos 70 en Espa\u00f1a, e tam\u00e9n en Am\u00e9rica Latina deuse a co\u00f1ecer a psic\u00f3loga chilena Marta Harnecker. De ideolox\u00eda comunista, centrou os seus estudos nos comportamentos do movemento obreiro e na s\u00faa formaci\u00f3n ideol\u00f3xica. Foi asesora do goberno de Cuba e gran divulgadora marxista. Nesta derradeira laboura fix\u00e9ronse moi populares o seu libro\u00a0<i>Los conceptos elementales del materialismo hist\u00f3rico<\/i>, manual que foi empregado por partidos comunistas de ambas ribeiras do Atl\u00e1ntico, e mormente os\u00a0<i>Cuadernos de educaci\u00f3n popular<\/i>, uns libri\u00f1os moi sint\u00e9ticos sobre marxismo, e onde se insist\u00eda moito, precisamente, na loita dos contrarios. O mesmo fac\u00eda, por aqueles mesmos anos, o fil\u00f3sofo comunista Tchang En-ts\u00e9 no seu libro\u00a0<i>Verdad y conocimiento<\/i>\u00a0(Akal, 1974), no que se pode ler:\u00a0<i>En el proceso de conocimiento humano, verdad y error, dependen la una del otro, se transforman la una en el otro.<\/i><\/p>\n<p>Eses procesos dial\u00e9cticos, que tanto se atopan na m\u00edstica\u00a0<i>zen<\/i>\u00a0como na praxe socialista de Mao Tse Dong, non son moi pr\u00f3ximos aos postulados da cultura occidental. Nestas latitudes \u00e9 m\u00e1is doado atopar afirmaci\u00f3ns un\u00edvocas: o branco \u00e9 branco; a noite \u00e9 o que semella. Tal vez por iso \u2013instalados na vida\u2013 espante tanto a morte. No filme xapon\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=qsFwtYArUzk\" data-rel=\"lightbox-video-0\"><i>Okuribito<\/i><\/a>\u00a0(<i>Despedidas<\/i>), do director Yojiro Takita (2008) hai unha demostraci\u00f3n evidente de como a morte pode axudar a vivir: Daigo, o protagonista, violonchelista queda sen traballo e regresa \u00e1 s\u00faa vila natal xunto coa s\u00faa muller. Al\u00ed acaba aceptando o traballo de enterrador, onde ha practicar o ritual de lavar os corpos para a derradeira viaxe. Nese traballo f\u00fanebre, non desexado, Daigo acaba atopando as forzas para vivir.<\/p>\n<p><b>Jorge R. Pombo.\u00a0<\/b><b><i>Variacions.\u00a0<\/i><\/b><b>Dada\u00edsmos<\/b><\/p>\n<p><i>La utilitzaci\u00f3 de pintures cl\u00e0ssiques per a la meva recerca pict\u00f2rica va comen\u00e7ar el 2005, amb el\u00a0<\/i>Crist a la Creu<i>\u00a0de Vel\u00e1zquez, i va continuar despr\u00e9s amb altres mestres, com ara Caravaggio, Tiziano, Guido Reni, \u2026 Ho concebo com un exercici conceptual d\u2019apropiaci\u00f3. Una proposta contradict\u00f2ria, d\u2019homenatge i vandalisme alhora. Amb la lluita de contraris com a camp de lloc, com a plantejament de base de cadascun dels meus quadres\u00a0<\/i>(J. R. Pombo, 2018).<\/p>\n<p>Jorge R. Pombo nace en Barcelona no ano 1973, a\u00ednda que de familia procedente da bisbarra de Becerre\u00e1. Pombo estuda e viaxa por varias cidades, entre elas New York e a s\u00faa formaci\u00f3n recibe frut\u00edferas e diversas influencias, o que logo se reflicte nas m\u00faltiples propostas est\u00e9tica que vai facendo. Hai no quefacer deste mozo entusiasta cores e pinceladas de Turner, ou de Friedrich. A deconstruci\u00f3n, o ataque reverencioso aos cl\u00e1sicos non se pelexa cos romanticismos. Se as s\u00faas propostas escoran polos eidos pict\u00f3ricos do autor de\u00a0<a href=\"https:\/\/ca.wikipedia.org\/wiki\/Joseph_Mallord_William_Turner#\/media\/File:Turner,_J._M._W._-_The_Fighting_T%C3%A9m%C3%A9raire_tugged_to_her_last_Berth_to_be_broken.jpg\" data-rel=\"lightbox-image-1\" data-rl_title=\"\" data-rl_caption=\"\" title=\"\"><i>O Temerario remolcado a dique seco<\/i><\/a>\u00a0(1839) non pode ser por menos admirador dos cantos sinf\u00f3nicos de Mark\u00a0<a href=\"https:\/\/www.google.es\/search?q=mark+rothko+paintings&amp;source=lnms&amp;tbm=isch&amp;sa=X&amp;ved=0ahUKEwjauf3c54zcAhUCXRQKHTSyC3oQ_AUICigB&amp;biw=1366&amp;bih=654\">Rothko<\/a>, ese artista que remata por concentrar todo o seu traballo nas investigaci\u00f3n das cores e das s\u00faas combinaci\u00f3ns; e das xestualidades embrutecidas de Kline. Nestes meses de ver\u00e1n presenta na galer\u00eda Artur Ramon a atractiva e refrescante proposta de\u00a0<a href=\"https:\/\/arturamon.com\/es\/espaidart\/variacions-de-tintoretto\/\"><i>Variacions de Tintoretto<\/i><\/a><i>.<\/i><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/i0.wp.com\/palavracomum.com\/wp-content\/uploads\/2018\/07\/Pombo.-Variacions-de-Tintoretto.-D.jpg\" data-rel=\"lightbox-image-2\" data-rl_title=\"\" data-rl_caption=\"\" title=\"\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-13069 alignleft\" src=\"https:\/\/i0.wp.com\/palavracomum.com\/wp-content\/uploads\/2018\/07\/Pombo.-Variacions-de-Tintoretto.-D.jpg?resize=332%2C221\" alt=\"\" width=\"428\" height=\"275\" data-lazy-loaded=\"true\" \/><\/a>Pombo ten o descaro de facer o que lle peta. Practica a metapintura apropi\u00e1ndose do esp\u00edrito e as esencias est\u00e9ticas de grandes artistas, para logo rachar con eles: en curto espazo de tempo, en escasos metros cadrados \u00e9 quen de convocar aos demi\u00fargos, e proceder \u00e1 alquimia de viaxar violentamente do pasado ao futuro. Cal \u00e9 a resultante? O presente, puro e duro. O presente do xogo. Se fose fot\u00f3grafo ser\u00eda tam\u00e9n un\u00a0<i>enfant terrible<\/i>. As s\u00faas imaxes difuminadas, f\u00f3ra de foco, non son m\u00e1is ca o produto da irreverencia. Todo semella apuntar a que Pombo non \u00e9 mit\u00f3mano; \u00e9 un investigador sen deuses art\u00edsticos. Ou \u00e9 ao rev\u00e9s? No seu xogo Jorge Pombo indaga e reproduce as pezas dos seus \u00eddolos est\u00e9ticos para logo xogar con eles e subverter mensaxes, contidos, volumes e cores. Elucubrar sobre as azarosas variaci\u00f3ns. E ir m\u00e1is al\u00f3: matar aos pais art\u00edsticos.<\/p>\n<p>Que m\u00fasica escoita Jorge R. Pombo mentres traballa? M\u00fasica cl\u00e1sica?, quizais; \u00f3pera, \u00e9 posible. Pero \u00e1 vista de moitas das s\u00faas composici\u00f3ns, que se achegan (sen buscar definici\u00f3ns) \u00e1s pr\u00e1cticas do expresionismo abstracto, e que rematan por pasar pola\u00a0<i>action painting<\/i>, dir\u00edase que a s\u00faa m\u00fasica favorita \u00e9 o\u00a0<i>jazz<\/i>. O jazz vibr\u00e1til e inzado de variaci\u00f3ns que crea un\u00a0<a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=KshrtLXBdl8\" data-rel=\"lightbox-video-1\">Thelonius Monk<\/a>, por exemplo. Variaci\u00f3ns e improvisaci\u00f3ns; a provocaci\u00f3n ao azar para que el resolva o resultado final. Con todo, c\u00f3mpre suli\u00f1ar que para Pombo tan importante (ou m\u00e1is) como o final \u00e9 o proceso, o cami\u00f1o. O cami\u00f1o (o\u00a0<i>Tao<\/i>) todo cheo de contrariedades que xa ditou Lao Tse hai tantos e tantos s\u00e9culos.<\/p>\n<p>Neste proceso polo que, desde hai tempo, aposta Pombo non deben estra\u00f1ar as choscadelas ao surrealismo, mesmo \u00e1 espontaneidade do dada\u00edsmo. Hai nos seus procesos a liberdade precisa para non se sentir coutado polo peso de nomes como Delacroix, Tiziano ou Vel\u00e1zquez. A irreverencia consinte en xogar con todo e con todos. Por iso se pode atopar obra de Pombo en calquera lugar. Agora est\u00e1 na galer\u00eda Artur Ramon, con\u00a0<i>Variacions de Tintoretto,\u00a0<\/i>pero tempo atr\u00e1s invadiu unha fermosa capela de Milano coas s\u00faas creaci\u00f3ns:\u00a0<a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=0ZsxG5ifQ30\" data-rel=\"lightbox-video-2\"><i>Religare<\/i><\/a>. Irreverencia. Pombo arrinca, neste caso, da utilizaci\u00f3n dese infinitivo latino (<i>religare)<\/i>\u00a0co significado de atar, volver a xuntar, recoser, para encher as paredes da capela de San Gottardo \u2013adxunta ao duomo de Milano\u2013 con planos e mapas de cidades sagradas para as relixi\u00f3ns monote\u00edstas. Con ese significado conceptual elabora un discurso de aproximaci\u00f3n, de cr\u00edtica, de evidencia dos conflitos.<\/p>\n<div id=\"attachment_13069\">\u00a0Algo similar fai o artista en New York coa peza\u00a0<a href=\"https:\/\/vimeo.com\/108434633\" data-rel=\"lightbox-video-3\">RENDER<\/a>, na que se opera a performance de que, sobre un mapa da cidade de New York, debuxado e na terra primeiro unha bailarina e logo un danzar\u00edn, executan unha danza, mentres uns m\u00fasicos tocan unha peza bastante reiterativa (jazz?). Durante a danza \u2013que se torna conflitiva\u2013 as li\u00f1as do mapa da cidade van pasando \u00e1s peles dos danzadores e perdendo perf\u00eds. Unha combinaci\u00f3n de danza contempor\u00e1nea e\u00a0body art. A provocaci\u00f3n, o azar. Noutras ocasi\u00f3ns Pombo elabora obras audiovisuais parellas \u00e1 sombra doutros artistas. Tal \u00e9 o caso do que fai cun autorretrato de Vincent\u00a0<a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=q2UvMSkugT4&amp;t=4s\" data-rel=\"lightbox-video-4\">Van Gogh<\/a>, dese\u00f1ado en grande e fixado no chan, sobre o que unha bailarina exercita unha danza contempor\u00e1nea, animada por m\u00fasica cacof\u00f3nica. O resultado, unha nova obra debuxada no papel, logo das r\u00e1pidas e reiteradas evoluci\u00f3ns da danzante sobre o autorretrato do autor d\u2019A\u00a0<a href=\"https:\/\/pt.wikipedia.org\/wiki\/A_Noite_Estrelada\">Noite Estrelada<\/a>.<\/div>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Variacions. Delacroix, Caravaggio, Tiziano<\/b><\/p>\n<p><i>Porque o \u00fanico sentido oculto das coisas<\/i><\/p>\n<p><i>\u00c9 elas n\u00e3o terem sentido oculto nenhum,<\/i><\/p>\n<p><i>\u00c9 mais estranho do que todas as estranhezas<\/i><\/p>\n<p><i>E de que os sonhos de todos os poetas<\/i><\/p>\n<p><i>E os pensamentos de todos os fil\u00f3sofos,<\/i><\/p>\n<p><i>Que as coisas sejam o que realmente parecem ser<\/i><\/p>\n<p><i>E n\u00e3o haja nada que compreender.<\/i><\/p>\n<p>(Fernando Pessoa,\u00a0<i>O Guardador de Rebanhos<\/i>, 1911-1912)<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<div id=\"attachment_13064\" class=\"wp-caption alignleft\" style=\"width: 428px;\"><a href=\"https:\/\/i2.wp.com\/palavracomum.com\/wp-content\/uploads\/2018\/07\/Pombo.-Mapa-de-Venezia.jpg\" data-rel=\"lightbox-image-3\" data-rl_title=\"\" data-rl_caption=\"\" title=\"\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-13064\" src=\"https:\/\/i2.wp.com\/palavracomum.com\/wp-content\/uploads\/2018\/07\/Pombo.-Mapa-de-Venezia.jpg?resize=339%2C234\" alt=\"\" width=\"428\" height=\"295\" data-lazy-loaded=\"true\" \/><\/a><\/div>\n<p>Jorge R. Pombo leva anos (desde 2005) xestionando\u00a0<i>variaci\u00f3ns<\/i>sobre obras consagradas de grandes mestres da pintura. Reproduce a obra, tal cal, e logo guinda sobre ela o azar: un disolvente. Que busca? Que pretende? Coa primeira parte pode, evidentemente, dicir que rende homenaxe a quen fundamentaron a pintura europea ao longo dos s\u00e9culos. E coa segunda?, coa destruci\u00f3n caprichosa desa exacta reproduci\u00f3n? Nesta parte o artista envur\u00fallase coa t\u00fanica do m\u00edstico e percorre os vieiros do cami\u00f1o, o\u00a0<i>Tao<\/i>. Execuci\u00f3n, eliminaci\u00f3n. Os contrarios. Pombo coloca a pintura de Tiziano ou Delacoix, copiada amorosamente, no chan e s\u00e1bese monxe budista ante a mandala primorosa e rematada. Que c\u00f3mpre?: destru\u00edla. O importante \u00e9 o proceso, non o resultado final. Pero o disolvente non bota as cores ao vertedoiro: xoga con eles. E aqu\u00ed \u00e9 onde entra o azar, as improvisaci\u00f3ns que se escoitan a un\u00a0<a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=XpZHUVjQydI\" data-rel=\"lightbox-video-5\">Coltrane<\/a>\u00a0sublime. A pintura autom\u00e1tica herdada do surrealismo, v\u00eda a escola de New York e o seu expresionismo abstracto. O\u00a0<i>baldeo<\/i>\u00a0contra o\u00a0<i>dripping<\/i>.<\/p>\n<p>Con este proceso longo, respectuoso e debedor na s\u00faa primeira parte, e inesperado, na segunda, o artista con obradoiro en Rub\u00ed, culmina elaboraci\u00f3ns tan suxestivas como as variaci\u00f3ns sobre\u00a0<i>La Libert\u00e9 guidant le peuple<\/i>\u00a0(1830), de Eug\u00e8ne Delacroix, en especial esta\u00a0<i>Variation on Delacroix\u2019s\u00a0<\/i><a href=\"http:\/\/www.jorgerpombo.com\/paintings\/9\"><i>\u2018Liberty Leading the People<\/i><\/a><i>\u2018 (II)<\/i>, de 2009. As figuras ben co\u00f1ecidas que se int\u00faen por medio da n\u00e9boa dos s\u00e9culos, brazos, corpos, bandeiras a vibrar co capricho do disolvente. A mandala revirada. Ou tr\u00e1tase do que hai m\u00e1is al\u00f3 do espello? E se Pombo entrou con este lenzo maxestoso na caverna plat\u00f3nica e est\u00e1 a mostrar as ideas? Non as ficci\u00f3ns falsas das aparencias; non. A idea. A idea de liberdade. Todo un xogo: pintar a liberdade dun rom\u00e1ntico para logo desvelar a Liberdade real; a conceptual. Outro tanto \u00e9 preciso dicir da\u00a0<i>Variation on Caravaggio\u2019s \u2018<\/i><a href=\"http:\/\/www.jorgerpombo.com\/paintings\/9\"><i>Saint Jerome<\/i><\/a><i>\u2018 (4),<\/i>\u00a02015. A fant\u00e1stica pintura do grande innovador da pintura europea c\u00e9ntrase aqu\u00ed nunha\u00a0<i>vanitas<\/i>\u00a0barroca: o\u00a0<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/San_Jer%C3%B3nimo_en_meditaci%C3%B3n#\/media\/File:Michelangelo-merisi-da-caravaggio-1571-1610-S_1_1753.jpg\" data-rel=\"lightbox-image-4\" data-rl_title=\"\" data-rl_caption=\"\" title=\"\">santo ermita\u00f1o<\/a>\u00a0reflexionando sobre a vida, ante o futuro, a caveira. O resultado de Pombo v\u00e9n sendo un mandala tinguido de vermello na que manda a idea da morte, da transitoriedade.<\/p>\n<div id=\"attachment_13065\" class=\"wp-caption alignleft\" style=\"width: 252px;\"><\/div>\n<p>A exposici\u00f3n anterior a\u00a0<i>Variacions de Tintoretto<\/i>, na galer\u00eda Artur Ramon, foi a dos irm\u00e1ns Santilari:\u00a0<a href=\"http:\/\/palavracomum.com\/irmans-santilari-ourives-con-lapis-e-con-pincel-teatro-das-vaidades\/\"><i>7 pecats\u00a0<\/i><\/a><i>capitals<\/i><i>, amb Josep Santilari i Pere Santilari,<\/i>na que os pintores xemelgos de Montgat presentaban oito soberbias\u00a0<i>vanitas<\/i>(d\u00faas para a\u00a0<i>Avar\u00edcia<\/i>) para ilustrar os pecados capitais. E que\u00a0<i>vanitas<\/i>! Cunha caveira e dos elementos (caracois, no caso da preguiza; moedas, para a avaricia, etc) son quen de crear unha iconograf\u00eda excelsa. E xusto antes dos Santilari o baixo da r\u00faa Bailen, onde agora reside a prestixiosa galer\u00eda Artur Ramon, acugulouse coas instalaci\u00f3ns de Pamen Pereira (<a href=\"http:\/\/palavracomum.com\/pamen-pereira-tempos-imaxinarios-vanitas\/\"><i>Tiempo imaginario<\/i><\/a>). En tales espazos Pamen Pereira deveu a xam\u00e1n das ucron\u00edas, a feiticeira que fai voar restos org\u00e1nicos, que teletransporta ao visitante; a \u00a0alquimista da materia dos so\u00f1os. Que xeitos tan distintos de aproximarse\/rebelarse contra os cl\u00e1sicos da pintura! E, ao tempo, que riqueza de suxesti\u00f3ns para quen pode gozar delas!<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Jorge Pombo \u2013persoa culta e de ampla e esmerada formaci\u00f3n\u2013 no seu escrito co que presenta a mostra\u00a0<a href=\"http:\/\/www.gorinkai.com\/textos\/tao.htm\"><i>Variacions de Tintoretto<\/i><\/a>, comenta que o artista e te\u00f3rico da escola de New York, Barnet Newman, escribiu que o salto evolutivo da escola veneciana de pintura (que remata cara o ano 1600) foi tan grande que se poder\u00eda cambiar a capricho a orde cronol\u00f3xica de todos os pintores (e pintoras?) entre esa data e Delacroix (1830) sen que se detectaran as alteraci\u00f3ns. Quizais un pouco esaxerada a rotunda afirmaci\u00f3n. En que lugar se sit\u00faa, logo, Caravaggio e a s\u00faa radical concepci\u00f3n do feito pict\u00f3rico? No\u00a0<i>revolutum<\/i>\u00a0dos dous s\u00e9culos longos? Cabe preguntarse por m\u00e1is artistas, tam\u00e9n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Jorge R. Pombo,\u00a0<\/b><b><i>Variacions de Tintoretto<\/i><\/b><b>. Galer\u00eda Artur Ramon<\/b><\/p>\n<p><i><a href=\"https:\/\/i1.wp.com\/palavracomum.com\/wp-content\/uploads\/2018\/07\/Pombo.-Variacions-de-Tintoretto.-C.jpg\" data-rel=\"lightbox-image-5\" data-rl_title=\"\" data-rl_caption=\"\" title=\"\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-13065 alignleft\" src=\"https:\/\/i1.wp.com\/palavracomum.com\/wp-content\/uploads\/2018\/07\/Pombo.-Variacions-de-Tintoretto.-C.jpg?resize=213%2C300\" alt=\"\" width=\"286\" height=\"379\" data-lazy-loaded=\"true\" \/><\/a>Tintoretto \u00e9s un pintor extremadament irregular, capa\u00e7 de tocar el cel dels mestres de la hist\u00f2ria en una obra i de demostrar en la tela seg\u00fcent la manca de destresa pr\u00f2pia d\u2019un aprenent. No calcula, solament executa. Com a fruit d\u2019aquesta manera de fer impacient, el seu art inclou el concepte de dubte, oposat a la gerarquia piramidal i unidireccional que dictasven els florentins, i aix\u00f2 el fa contundentment postmodern, apreciable a la nostra mirada del segle XXI\u00a0<\/i>(J. R. Pombo, 2018).<\/p>\n<p>Pintura autom\u00e1tica a partir de obras dun pintor renacentista. Variaci\u00f3ns. Variaci\u00f3ns, divertimentos musicais. C\u00f3ntase que nunha ocasi\u00f3n Mozart tivo que participar en Viena nunha competici\u00f3n contra un m\u00fasico italiano al\u00ed radicado, para saber quen era mellor m\u00fasico. O outro m\u00fasico esmerouse ao piano executando unha peza preciosista propia. Cando lle tocou a quenda a Amadeus, sen partitura, comezou executando as simples notas dunha nana. Xa se daba por ga\u00f1ador a o italiano. Ent\u00f3n Mozart comezou a crear de cero as variaci\u00f3ns sobre as sinxelas notas anteriores. Seica non daban crido o que al\u00ed se o\u00eda. Tan boa foi a creaci\u00f3n que acabou por rexistrar esas variaci\u00f3ns: Mozart.\u00a0<i>Variaci\u00f3ns en Do mayor,\u00a0<\/i><a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=64isPoUUf14\" data-rel=\"lightbox-video-6\"><i>\u201cAh! Vous-dirai-je, maman!\u201d<\/i><\/a>. Esplendor auditivo.<\/p>\n<p>Como xa se dixo, Pombo comeza as s\u00faas variaci\u00f3ns cunha homenaxe: debuxa tal cal as li\u00f1as da obra escollida; as mesmas medidas do orixinal. O dese\u00f1o faino aproveitando proxecci\u00f3ns sobre a tela. A seguir pinta; coas mesmas cores que pintaba o mestre ao que homenaxea. Para o proceso de pintura \u2013como moitas veces as pezas son grandes\u2013 \u00e9 axudado por outras persoas, xa que non pode secar a pintura. E logo chega o momento da irreverencia, os intres de desfacer a mandala cl\u00e1sica que executou con tanto esmero; a hora do vandalismo. O\u00a0<i>baldeo:<\/i>\u00a0o disolvente corre pola tela, que xas na terra, para que os azares se conxuren e alumen outra creaci\u00f3n. En Zurich, no ano 1916, un grupo de mozas e mozos remataron por facer performances teatrais pronunciando\u00a0<i>dad\u00e1, da, da, d\u00e1, da, da \u2026.\u00a0<\/i>Cen anos despois Pombo fai o mesmo co\u00a0<i>baldeo<\/i>\u00a0de disolvente. Os resultados, pois o artista con ra\u00edces en Becerre\u00e1 executa en varias ocasi\u00f3ns esas variaci\u00f3ns, son a demostraci\u00f3n da loita de contrarios. Como se a pintura cl\u00e1sica estivese agardando polo exercicio complementario para xogar ao\u00a0<i>yin<\/i>\u00a0e ao\u00a0<i>yang<\/i>, e as\u00ed atopar o seu\u00a0<i>tao<\/i>, o seu cami\u00f1o, resultante de tanta contradici\u00f3n.<\/p>\n<div id=\"attachment_13066\" class=\"wp-caption alignleft\" style=\"width: 382px;\"><\/div>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Aproveitando que neste ano 2018 en Venecia conmemoran o\u00a0<a href=\"http:\/\/www.ilgiornaledellarte.com\/articoli\/2018\/1\/128986.html\"><i>Cinquecento Anni di Tintoretto<\/i><\/a><i>,<\/i>\u00a0Jorge Pombo decide orientar as s\u00faas variaci\u00f3ns cara as obras deste pintor veneciano. En concreto sobre unha obra ic\u00f3nica para a cidade dos canais e ben co\u00f1ecida dentro da historia da pintura:\u00a0<a href=\"https:\/\/www.atuttarte.it\/opera\/tintoretto-il-miracolo-dello-schiavo.html\"><i>Il Miracolo dello Schiavo<\/i><\/a>\u00a0(1548). Tr\u00e1tase dun lenzo de 415 por 541 cent\u00edmetros que a Seren\u00edssima lle encarga a un pintor ben novo (29 anos) chamado Jacopo Comin, que acabar\u00e1 sendo co\u00f1ecido polo oficio do pai\u00a0<a href=\"http:\/\/libreriamo.it\/arte\/il-tintoretto-artista-furioso-tra-rinascimento-e-barocco-3\/\">Il Tintoretto<\/a>. O motivo da pintura \u00e9 honrar a San Marcos, o patr\u00f3n da cidade insular. O tema bas\u00e9ase na historia dun escravo. O tal escravo vive na Provenza francesa e pide permiso ao seu patr\u00f3n para peregrinar a Venecia, venerar os restos de San Marcos. A petici\u00f3n \u00e9 denegada, pero o escravo, tan devoto, decide marchar igualmente. \u00c1 volta esp\u00e9rao un castigo exemplar: os seus ollos ser\u00e1n furados por paus afiados e todos os seus \u00f3sos rachados a golpes de martelo. No intre que o escravo xa est\u00e1 no chan, e os executores a punto de comezar o suplicio, aparece voando o esp\u00edrito de San Marcos que cun s\u00f3 xesto desfai os \u00fatiles da tortura. O escravo \u00e9 o \u00fanico que ve o esp\u00edrito (o \u00fanico que ten fe), e o amo perdoa a vida do seu servente.<\/p>\n<p>A ampla pintura ten unha composici\u00f3n moi din\u00e1mica. No primeiro plano at\u00f3panse as 35 figuras que asisten \u00e1 tortura, m\u00e1is o esp\u00edrito do santo que descende das alturas e posici\u00f3n invertida. M\u00e1is al\u00f3 espazos urbanos, profundidades e perspectivas. Tintoretto presenta as figuras moitas de costas, e en posici\u00f3ns tensas. O propio escravo f\u00fandese no chan nun escorzo nu e violento. Resaltan, por <a href=\"https:\/\/i0.wp.com\/palavracomum.com\/wp-content\/uploads\/2018\/07\/Pombo.-Variaciones.jpg\" data-rel=\"lightbox-image-6\" data-rl_title=\"\" data-rl_caption=\"\" title=\"\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-13066 alignleft\" src=\"https:\/\/i0.wp.com\/palavracomum.com\/wp-content\/uploads\/2018\/07\/Pombo.-Variaciones.jpg?resize=300%2C232\" alt=\"\" width=\"414\" height=\"307\" data-lazy-loaded=\"true\" \/><\/a>tanto, o colorido da escola veneciana e a anatom\u00eda dos personaxes, moitos deles con claras referencias \u00e1s figuras musculadas de Michelangelo Buonarrotti.<\/p>\n<p>Sobre esta obra renacentista e veneciana, Pombo executa unha serie de variaci\u00f3ns,\u00a0<i>Variacions de Tintoretto,\u00a0<\/i>que agora se poden contemplar na galer\u00eda Artur Ramon. En total fixo unha serie de 35 variaci\u00f3ns, algunhas sobre detalles de\u00a0<i>Il Miracolo dello Schiavo.<\/i>\u00a0\u00a0Os resultados son sorprendentes e moi coloristas. O azar \u00e9 o responsable \u00faltimo da pintura autom\u00e1tica que mestura cores, elimina matices e altera volumes.<\/p>\n<p>A car\u00f3n destas\u00a0<i>Variacions de Tintoretto<\/i>\u00a0tam\u00e9n se poden ver na galer\u00eda Artur Ramon dous mapas de Venecia aos que Pombo aplicou a mesma t\u00e9cnica. Deste xeito mesmo semella que as augas da lagoa volven inundar as prazas e r\u00faas da cidade dos canais, e aproveita para borrar os trazados urbanos.<\/p>\n<p><i>Variacions de Tintoretto<\/i>, do artista Jorge R. Pombo, na galer\u00eda Artur Ramon. Propostas sorprendentes, con razoada base te\u00f3rica, que poden agradar ou non. Dise que un escritor est\u00e1 a escribir toda a vida o mesmo libro; que un artista est\u00e1 a elaborar a mesma obra. Que est\u00e1 a pintar Jorge Pombo?<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Lito Caram\u00e9s<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/palavracomum.com\/jorge-r-pombo-alquimista-e-confrontador-de-contrarios\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Acc\u00e9s article<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os cami\u00f1os da arte contempor\u00e1nea son m\u00faltiples e insospeitados. Na galer\u00eda Artur Ramon al\u00f3xanse agora unha\u00a0variaci\u00f3ns\u00a0pict\u00f3ricas elaboradas a partires de pezas renacentistas. O artista \u00e9 Jorge R. Pombo que leva [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":14,"featured_media":23807,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"link","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[565,405],"tags":[],"class_list":["post-23809","post","type-post","status-publish","format-link","has-post-thumbnail","hentry","category-general-es","category-blog-prensa","post_format-post-format-link"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/arturamon.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23809","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/arturamon.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/arturamon.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/arturamon.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/14"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/arturamon.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=23809"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/arturamon.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23809\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/arturamon.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/23807"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/arturamon.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=23809"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/arturamon.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=23809"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/arturamon.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=23809"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}