{"id":22687,"date":"2018-02-12T11:53:08","date_gmt":"2018-02-12T10:53:08","guid":{"rendered":"https:\/\/nova.arturamon.com\/as-sinerxias-os-tempos-imaxinarios-e-as-vanitas-pamen-pereira\/"},"modified":"2018-11-08T18:55:55","modified_gmt":"2018-11-08T17:55:55","slug":"as-sinerxias-os-tempos-imaxinarios-e-as-vanitas-pamen-pereira","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/arturamon.com\/es\/as-sinerxias-os-tempos-imaxinarios-e-as-vanitas-pamen-pereira\/","title":{"rendered":"As sinerx\u00edas, os tempos imaxinarios e as vanitas de Pamen Pereira"},"content":{"rendered":"<p>Na galer\u00eda de arte barcelonesa Artur Ramon a artista multidisciplinar Pamen Pereira exhibe as s\u00faas dotes de xam\u00e1n e feiticeira de enerx\u00edas, materias e intuici\u00f3ns. Pereira invita ao xogo de transcender tempos e espazos convencionais aplicando \u00e1s realidades a reflexi\u00f3n emocional. Cal \u00e9 o resultado de xuntar nunha peza pedras e andori\u00f1as? E cadeiras do s\u00e9culo XVIII con zapatos de chumbo?<\/p>\n<p>Lito Caram\u00e9s<\/p>\n<h2>O Surrealismo e os restos org\u00e1nicos<\/h2>\n<p><i>Hay un mundo que no puede ser percibido por los sentidos ni los conceptos y que, sin embargo, es tan real como el mundo visible: es un mundo arquet\u00edpico, intuitivo y transindividual, habitado por otras energ\u00edas m\u00e1s sutiles. Creo que el arte se maneja descubriendo el v\u00ednculo entre la materia y esas energ\u00edas sutiles, y la imaginaci\u00f3n es una puerta para ello\u00a0<\/i>(Pamen Pereira, 2017).<\/p>\n<p>Nalgunha entrevista concedida pola artista Pamen Pereira, co gallo de anteriores exposici\u00f3ns, ten declarado que o surrealismo \u00e9 un movemento fundamental na arte do s\u00e9culo XX, que acabou por influ\u00edr e condicionar a creatividade de moit\u00edsimos artistas e tendencias. Pois ben, entre as artistas surrealistas ocupa un lugar destacado Maruxa Mallo, a creadora nada en Viveiro e de quen a fil\u00f3sofa Mar\u00eda Zambrano declarou que era o ser m\u00e1is libre que co\u00f1ecera en toda a s\u00faa vida. Maruxa\u00a0<a href=\"http:\/\/prazacatalunya.prazapublica.com\/post\/157117310716\/a-primeira-exposici%C3%B3n-sobre-mulleres-surrealistas\">Mallo<\/a>, cando viviu no Madrid de finais dos anos 20 e comezos dos 30, viaxaba \u00e1s aforas de Madrid, en excursi\u00f3ns ben peculiares para recoller restos org\u00e1nicos que atopaba polos campos resecos e mais polos barbeitos. Para que? Para que logo acabasen sendo os referentes cos que pintar moitas das s\u00faas obras daqueles anos. Exemplos son o lenzo\u00a0<a href=\"https:\/\/t.umblr.com\/redirect?z=http%3A%2F%2Fwww.museoreinasofia.es%2Fcoleccion%2Fobra%2Fantro-fosiles&amp;t=NDhhYTUxYTU2MzJlZmQyOGQxNzgxYmM3NGNkNDgyOTcxZTU2ZWI2Myx5eHdBbzdDQQ%3D%3D&amp;b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&amp;p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F170681866021%2Fas-sinerx%C3%ADas-os-tempos-imaxinarios-e-as-vanitas&amp;m=1\"><i>Antro de F\u00f3siles<\/i><\/a>\u00a0(1930) ou\u00a0<a href=\"https:\/\/t.umblr.com\/redirect?z=http%3A%2F%2Fwww.fundacionmariajosejove.org%2Fcoleccion-de-arte%2Fautores%2F%3Fidautor%3D380&amp;t=ZTBlZTUyMjA5OTRkMDdlYzQzN2QyZDk0MzJiNTliMzYwMmE5YmEzOCx5eHdBbzdDQQ%3D%3D&amp;b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&amp;p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F170681866021%2Fas-sinerx%C3%ADas-os-tempos-imaxinarios-e-as-vanitas&amp;m=1\"><i>Basuras<\/i><\/a>\u00a0(1930), que tanto agradaron ao pope Andr\u00e9 Breton cando Mallo expuxo en Par\u00eds. Daquela Breton mercoulle unha peza. Pereira tam\u00e9n gosta de atopar e recoller os materiais que a Natureza vai pondo diante dela; restos org\u00e1nicos cos que edificar a torre de so\u00f1os.<\/p>\n<p>Non \u00e9 o \u00fanico caso dentro do surrealismo que sentiu atracci\u00f3n polos restos e materiais que azarosamente pon a natureza ao dispor:\u00a0<a href=\"http:\/\/prazacatalunya.prazapublica.com\/post\/134145966116\/a-po%C3%A9tica-surrealista-que-mir%C3%B3-atribu%C3%ADa-aos\">Joan Mir\u00f3<\/a>\u00a0e o franc\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/t.umblr.com\/redirect?z=http%3A%2F%2Fwww.vieiros.com%2Fnova%2F62839%2Fcadaveres-exquisitos-o-surrealismo-en-estado-puro&amp;t=NWRkMTRhM2Q0MDFiOGIxNTU2OTU0ZWQ4OGNhNjE4NTljZTYzZjkwNyx5eHdBbzdDQQ%3D%3D&amp;b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&amp;p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F170681866021%2Fas-sinerx%C3%ADas-os-tempos-imaxinarios-e-as-vanitas&amp;m=1\">Yves Tanguy<\/a>, por exemplo. Por indicar outro artista que se deixou inspirar pola natureza, \u00c1ngel Ferrant, que viviu dous anos na Coru\u00f1a, fixo moitas esculturas con pedras atopadas nas praias de Galicia, e que levan nomes como\u00a0<i><a href=\"https:\/\/t.umblr.com\/redirect?z=http%3A%2F%2Fwww.museoph.org%2FAngelFerrant%2Fobras_del_museo%2Fesculturas%2Fobjetos_hallados%2Flistado_objetos_hallados%2FsearchObra%2F59%2F146%2F1%2F1%2F&amp;t=YjRkNTNjNWI2ZWFhNjM3ZTc3MDY1YjU0MjdmMTg5ZDExMDlhOWFhYix5eHdBbzdDQQ%3D%3D&amp;b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&amp;p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F170681866021%2Fas-sinerx%C3%ADas-os-tempos-imaxinarios-e-as-vanitas&amp;m=1\">Pescador de Sada<\/a><\/i><i>,<\/i>ou\u00a0<i>Paxaro de mar,\u00a0<\/i>ou\u00a0<i>Muller de Regueiro.<\/i><\/p>\n<p>As pezas de Pamen Pereira (O Ferrol, 1963) tam\u00e9n xogan co subconsciente. Sen ir m\u00e1is lonxe, na exposici\u00f3n que hai pouco fixo na cidade de Le\u00f3n \u2013<i><a href=\"https:\/\/t.umblr.com\/redirect?z=https%3A%2F%2Fwww.youtube.com%2Fwatch%3Fv%3DExkItkh6lNY&amp;t=YTk0M2Y4YmUwOTg1ZmU5Yzg2N2YxMmYwZGU2YjNhOTM3NTNiNTM1Mix5eHdBbzdDQQ%3D%3D&amp;b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&amp;p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F170681866021%2Fas-sinerx%C3%ADas-os-tempos-imaxinarios-e-as-vanitas&amp;m=1\">La mujer de piedra se levanta y baila<\/a><\/i>\u2013, todo un compendio de pezas e instalaci\u00f3ns ao servizo do ritual mat\u00e9rico e da m\u00edstica zen, aparecen uns zapatos de tac\u00f3n aparentemente convencionais, forrados de escamas de chumbo e con \u00e1s tam\u00e9n de chumbo. Que significado te\u00f1en? Son referencias ao mundo m\u00e1xico das sereas? A outros seres fant\u00e1sticos provistos de \u00e1s? Vistos de lado semellan guerreiras con helmo dispostas para o combate. O combate polos dereitos das mulleres? Pereira debe sentirse pr\u00f3xima a moitas das mulleres que militaron o surrealismo, e que foron esquecidas polos seus compa\u00f1eiros e mais pola historia oficial; mulleres \u00e1s que hai uns meses o Museo Picasso de M\u00e1laga dedicou a exposici\u00f3n\u00a0<i>Somos plenamente libres.\u00a0<\/i><i><a href=\"https:\/\/t.umblr.com\/redirect?z=http%3A%2F%2Fwww.museopicassomalaga.org%2Fexposiciones-temporales%2Fmujeres-artistas-y-surrealismo&amp;t=ODljMDZkYzBlOTA3ZTEyZDNhNDcwYTdiMTBkNTU4NTYzMzUzMzhjOSx5eHdBbzdDQQ%3D%3D&amp;b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&amp;p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F170681866021%2Fas-sinerx%C3%ADas-os-tempos-imaxinarios-e-as-vanitas&amp;m=1\">Las mujeres artistas y el Surrealismo<\/a>.<\/i><\/p>\n<figure class=\"tmblr-full\" data-orig-width=\"800\" data-orig-height=\"534\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/78.media.tumblr.com\/afae6d3c2e084ec8111bfc76dc6cd615\/tumblr_inline_p3vvc2fcZA1r8divk_500.jpg\" alt=\"image\" width=\"500\" height=\"333\" data-orig-width=\"800\" data-orig-height=\"534\" \/><\/figure>\n<h2>Natureza, arte, vida<\/h2>\n<blockquote><p><i>O poeta \u00e9 um fingido<\/i><\/p>\n<p><i>Finge t\u00e3o completamente<\/i><\/p>\n<p><i>Que chega a fingir que \u00e9 dor<\/i><\/p>\n<p><i>\u00a0A dor que deveras sente.\u00a0<\/i><\/p>\n<p>Fernando Pessoa<i>, Autopsicografia,<\/i>\u00a01930)<\/p><\/blockquote>\n<p>Estes catro versos do irrepetible Pessoa p\u00f3dense tomar en moitos sentidos. En calquera caso, interesa a autodefinici\u00f3n do poeta-artista sobre a s\u00faa dor; as s\u00faas dores. A dor que sente a persoa creadora pode ben ser a dor provocada polo proceso necesario para partir de realidades tanxibles e acabar chegando \u00e1 obra de arte. A dor que, en verbas de Pereira, c\u00f3mpre para\u00a0<i>descubrir el v\u00ednculo entre la materia y esas energ\u00edas sutiles.<\/i>\u00a0Esa dor pode ser moi fonda, con feridas, fendas e cicatrices permanentes. Feridas como as tres consabidas que no seu momento cantou Miguel Hern\u00e1ndez (e d\u00e9cadas despois Joan Manuel Serrat), que son as mesmas \u00e1s que, doutro xeito, aluden os moradores do deserto do Sahara cando celebran o\u00a0<a href=\"https:\/\/t.umblr.com\/redirect?z=https%3A%2F%2Faccionsahara.wordpress.com%2F2012%2F05%2F06%2Fla-ceremonia-del-te%2F&amp;t=MjA4NDMxMDIyOTUyYjIwNjMxMTYwOGMwMmUzNzBjN2M3NmMzYjU3NCx5eHdBbzdDQQ%3D%3D&amp;b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&amp;p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F170681866021%2Fas-sinerx%C3%ADas-os-tempos-imaxinarios-e-as-vanitas&amp;m=1\">ritual do t\u00e9<\/a>; dos tres t\u00e9s.<\/p>\n<p>A esas tres feridas vitais (vida, amor, morte) hai que engadir, no caso da artista Pamen Pereira, outra m\u00e1is \u2013quizais englobadora das tres anteriores\u2013: a ferida do co\u00f1ecemento. A arte de Pereira sabe dos escritos filos\u00f3ficos. O xogo entre realidade tanxible e a outra, esa que se agocha no hemisferio emocional, canto ten de plat\u00f3nico? Canto da lectura e comprensi\u00f3n do Mito da Caverna? E canto destes versos de Pessoa:\u00a0<i>Neste mundo em que esquecemos \/ Somos sombras de quem somos, \/ E os gestos reais que temos \/ No outro em que, almas, vivemos, \/ S\u00e3o aqu\u00ed esgares e assomos.\u00a0<\/i><\/p>\n<p>Pamen Pereira \u2013artista que vive a cabalo entre Galicia e Valencia\u2013 v\u00e9n de abrir na galeria de arte Artur Ramon (renovada, ampliada e mudada de sede \u2013agora na r\u00faa Bail\u00e9n, 19), a instalaci\u00f3n \u00e1 que puxo por t\u00edtulo\u00a0<i>T<\/i><a href=\"https:\/\/t.umblr.com\/redirect?z=https%3A%2F%2Farturamon.com%2Fes%2Fespaidart%2Fpamen-pereira%2F&amp;t=NmFmOWI0N2FkNTY2MGFiYjdmZGUxNjI4NGNiZDdiY2M2ZjcwOWEwZix5eHdBbzdDQQ%3D%3D&amp;b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&amp;p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F170681866021%2Fas-sinerx%C3%ADas-os-tempos-imaxinarios-e-as-vanitas&amp;m=1\"><i>iempo Imaginario<\/i><\/a>. A galer\u00eda Artur Ramon \u00e9 unha instituci\u00f3n no mundo da arte en Barcelona. Que unha galer\u00eda de tanto renome escolla \u00e1 artista Pamen Pereira para reinaugurar as s\u00faas salas \u00e9 significativo. Por unha banda, fala da calidade art\u00edstica de Pamen Pereira, obviamente; calidade reco\u00f1ecida polos xestores da galer\u00eda. E por outra parte semella indicar a actualizaci\u00f3n e sensibilidade dos responsables de Artur Ramon ao presentarse de novo ao p\u00fablico barcelon\u00e9s con novos xeitos de arte (instalaci\u00f3ns, novas tecnolox\u00edas) e apostando pola creatividade dunha muller; elas sempre en minor\u00eda nas historias das artes, m\u00edrense por onde se miren.<\/p>\n<p>Entrar agora nas salas da galer\u00eda Artur Ramon \u00e9 descubrir outras realidades. Neses espazos \u00a0m\u00e1xicos, Artista total, coidadora de todos os detalles, mimadora da iluminaci\u00f3n intencionada de cada peza, Pamen Pereira dev\u00e9n a xam\u00e1n das ucron\u00edas, a feiticeira que fai voar restos org\u00e1nicos, que teletransporta ao visitante. Nese baixo da r\u00faa Bail\u00e9n, Pamen Pereira tam\u00e9n gana a batalla do tempo e, nunha sucesi\u00f3n de pinchacarneiros, rev\u00e9lase a alquimista da materia dos so\u00f1os.<\/p>\n<figure class=\"tmblr-full\" data-orig-width=\"800\" data-orig-height=\"534\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/78.media.tumblr.com\/326c484cd1464a2170b47b6a5b1ceeab\/tumblr_inline_p3vvckhted1r8divk_500.jpg\" alt=\"image\" width=\"500\" height=\"333\" data-orig-width=\"800\" data-orig-height=\"534\" \/><\/figure>\n<h2><i>Vanitas<\/i>\u00a0barroca<\/h2>\n<blockquote><p><i>Me gusta decir que mi trabajo es como el de una cham\u00e1n que proporciona alimento espiritual o po\u00e9tico, o como el de un alquimista que juega con arcanos vitales. Creo que la pr\u00e1ctica art\u00edstica debe mover energ\u00eda. En realidad la vida es mi gabinete de trabajo<\/i>\u00a0(Pamen Pereira, 2017).<\/p><\/blockquote>\n<p>Pamen Pereira procura a inspiraci\u00f3n e tam\u00e9n os materiais cos que traballar na propia natureza. A Natureza v\u00e9n sendo unha deusa que aglutina o mundo visible polo que transitamos e no que convivimos con moitos outros seres. E nese mundo exterior hai formas e entidades que acaban conformando parte do substrato material de moitas e moitos artistas. Pamen Pereira tam\u00e9n busca na\u00a0<i>Pachamama<\/i>\u00a0obxectos que lle permitan transcender as formas e acabe a artista d\u00e1ndolles novas vidas (ra\u00edces, \u00f3sos, cornos, pedras, caveiras). Algo parecido ao que comezaron facendo os e\u00a0<a href=\"http:\/\/prazacatalunya.prazapublica.com\/post\/157117310716\/a-primeira-exposici%C3%B3n-sobre-mulleres-surrealistas\">as artistas do surrealismo<\/a>.<\/p>\n<p>Na instalaci\u00f3n\u00a0<i>Tiempo imaginario<\/i>, tan suxestiva e orixinal, Pereira \u00e9 quen de combinar m\u00f3beis barrocos con pezas da s\u00faa propia creaci\u00f3n, e que remiten \u00e1 Natureza. A peza\u00a0<i>Mesa refectorio s\u00e9culo XVIII e candelabros<\/i>\u00a0(2017), unha mesa magn\u00edfica, tallada, ten por riba uns 30 candelabros suspendidos do teito, alumando e consumindo as s\u00faas velas. En\u00a0<i>La mujer del agua sigue cantando<\/i>(2017)<i>\u00a0<\/i>media ducia de cadeiras barrocas e excelentemente conservadas flotan no ar da galer\u00eda, acompa\u00f1adas dun par de zapatos de muller, forrados de escamas de chumbo e con \u00e1s. Estas d\u00faas obras, am\u00e9n doutras que se poden contemplar en Artur Ramon (como\u00a0<i>El mundo visible es solo una excusa<\/i>, 2017) fan choscadelas \u00e1 fugacidade \u2013<i>panta<\/i><i>rei\u2013<\/i>\u00a0ao movemento constante. A suspensi\u00f3n a\u00e9rea de certos elementos, as velas consumindo o seu propio ser, animan a pensar nese tema tan barroco, a\u00a0<i>vanitas<\/i>. \u00c1 mesma concepci\u00f3n tam\u00e9n poden aludir as v\u00e9rtebras de vac\u00fan que conforman os corpos das aves en voo fren\u00e9tico diante do fermoso e traballado moble barroco que \u00e9 parte da peza\u00a0<i>El mundo visible es solo una excusa<\/i>. A pr\u00f3xima exposici\u00f3n que programa a galer\u00eda Artur Ramon \u00e9 dos\u00a0<a href=\"https:\/\/t.umblr.com\/redirect?z=http%3A%2F%2Fwww.santilari.com%2FFolio.html&amp;t=YzBkNDk2Yzc3OWNmOGJlMDk3NGM4YTY4ZDVhNWNmZWUxNTIxMWI0Zix5eHdBbzdDQQ%3D%3D&amp;b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&amp;p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F170681866021%2Fas-sinerx%C3%ADas-os-tempos-imaxinarios-e-as-vanitas&amp;m=1\">irm\u00e1ns Santilari<\/a>, uns pintores de Montgat que confeccionan tam\u00e9n\u00a0<i>vanitas<\/i>, en formatos e t\u00e9cnicas diferentes. Ter\u00e1 morto o barroco algunha vez?<\/p>\n<p>Certo \u00e9 que estas pezas de Pereira te\u00f1en m\u00e1is significados. Unhas revelan as composici\u00f3ns da artista de Ferrol como aut\u00e9nticos poemas visuais, e outras que aproximar\u00edan m\u00e1is as obras \u00e1 f\u00edsica cu\u00e1ntica. E haber\u00eda que saber, por certo, que parte da elaboraci\u00f3n destas pezas \u2013a medio cami\u00f1o entre a restauraci\u00f3n de m\u00f3beis e a composici\u00f3n surrealista\u2013 \u00e9 responsabilidade do subconsciente, ese tobo emocional no que se refuxian e xogan tantas asociaci\u00f3ns mentais. Todo parece indicar que\u00a0<i>La mujer del agua sigue cantando<\/i>\u00a0\u00e9 unha creaci\u00f3n \u2013unha continuaci\u00f3n\u2013 da instalaci\u00f3n que Pereira fixo na cidade de Le\u00f3n en 2016:\u00a0<a href=\"https:\/\/t.umblr.com\/redirect?z=https%3A%2F%2Fwww.youtube.com%2Fwatch%3Fv%3DExkItkh6lNY&amp;t=YTk0M2Y4YmUwOTg1ZmU5Yzg2N2YxMmYwZGU2YjNhOTM3NTNiNTM1Mix5eHdBbzdDQQ%3D%3D&amp;b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&amp;p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F170681866021%2Fas-sinerx%C3%ADas-os-tempos-imaxinarios-e-as-vanitas&amp;m=1\"><i>La mujer de piedra se levanta y baila<\/i><\/a>\u00a0(MUSAC).<\/p>\n<figure class=\"tmblr-full\" data-orig-width=\"800\" data-orig-height=\"534\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/78.media.tumblr.com\/11e1e5761b30067da2b63efeb3f4341b\/tumblr_inline_p3vvg0lQy01r8divk_500.jpg\" alt=\"image\" width=\"500\" height=\"333\" data-orig-width=\"800\" data-orig-height=\"534\" \/><\/figure>\n<h2>Que dimensi\u00f3ns ten un universo?<i>\u00a0A Bela e a Besta\u00a0<b>\u00a0<\/b><\/i><\/h2>\n<blockquote><p><i>Cada piedra, cada planta, cada animal o cada persona son meras formas de una sustancia com\u00fan que, agitada por la emoci\u00f3n, es susceptible de transformarse en algo diferente. El mundo tangible y sensible no es m\u00e1s que el poso residual de una larga progresi\u00f3n de grados cada vez m\u00e1s sutiles de la materia, la manifestaci\u00f3n de la gran cadena del ser<\/i>(Pamen Pereira, 2017).<\/p><\/blockquote>\n<p>Pamen\u00a0<a href=\"https:\/\/t.umblr.com\/redirect?z=http%3A%2F%2Fwww.pamenpereira.com%2F&amp;t=ZGQwYTY1OWM3OTQyNDQwYzJlZTgyNjY5YTA2MmZmYmY5N2E3NmUwNix5eHdBbzdDQQ%3D%3D&amp;b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&amp;p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F170681866021%2Fas-sinerx%C3%ADas-os-tempos-imaxinarios-e-as-vanitas&amp;m=1\">Pereira<\/a>\u00a0\u00e9 a artista global. Na s\u00faa traxectoria ten traballado e combinado a pintura coa escultura, a fotograf\u00eda co dese\u00f1o, as montaxes audiovisuais coas instalaci\u00f3ns. En\u00a0<i>Tiempo imaginario<\/i>\u2013t\u00edtulo perfecto para o contido da instalaci\u00f3n\u2013 Pereira fai gala das s\u00faas capacidades sincr\u00e9ticas. \u00c9 quen de alambicar tempos e espazos, t\u00e9cnicas tradicionais e materiais audiovisuais moi avanzados.<\/p>\n<p>En\u00a0<i>Tampoco el mar duerme II<\/i>\u00a0(2017) Pamen Pereira fai un xogo moi orixinal. Sobre unha mesa castel\u00e1 do s\u00e9culo XVII, a artista coloca unha arqueta met\u00e1lica \u2013verdadeira caixa forte da \u00e9poca\u2013 provinte de Alema\u00f1a (s\u00e9culo XVI), e dentro desa alfaia coet\u00e1nea de Leonardo e do Greco, instala unha esfera de vidro na que se proxecta indefinidamente o incesante movemento do mar; o\u00a0<i>panta<\/i><i>rei\u00a0<\/i>que hai m\u00e1is de dous milenios e medio proclamou Her\u00e1clito de \u00c9feso, ou como di Paul Val\u00e9ry ao comezo da s\u00faa famosa obra\u00a0<a href=\"https:\/\/t.umblr.com\/redirect?z=https%3A%2F%2Ffr.wikisource.org%2Fwiki%2FLe_Cimeti%25C3%25A8re_marin&amp;t=ZTVhZWJhNGNhY2Q4ZDViYzdiN2E0YWQ5ZDZmNDgxYThkMGY4ZjNkNSx5eHdBbzdDQQ%3D%3D&amp;b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&amp;p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F170681866021%2Fas-sinerx%C3%ADas-os-tempos-imaxinarios-e-as-vanitas&amp;m=1\"><i>Le Cimeti\u00e8re Marin<\/i><\/a>:\u00a0<i>La mer, la mer, toujours recommenc\u00e9e!<\/i>Todo o mar cabe nunha bola cativa, case de brinquedo. Como \u00e9 de grande un universo? Pereira, dona das magnitudes, burladora das leis f\u00edsicas convencionais. Ao final do filme\u00a0<a href=\"https:\/\/t.umblr.com\/redirect?z=https%3A%2F%2Fwww.filmaffinity.com%2Fes%2Ffilm968702.html&amp;t=ZjllZWEzYzYyYTU0ZWI2MWJjYThkYzgzZTBkYzUwMzFiZWRmNWZlYix5eHdBbzdDQQ%3D%3D&amp;b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&amp;p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F170681866021%2Fas-sinerx%C3%ADas-os-tempos-imaxinarios-e-as-vanitas&amp;m=1\"><i>Men in black<\/i><\/a>\u00a0hai tam\u00e9n un xogo similar: algu\u00e9n vai metendo universos enteiros en bolsas de tela onde os cativos gardan as bolas, unha e outra vez. A artista total parece dominar ese xogo. Mirando para esa bola \u2013que poder\u00eda ser unha desas que en todas partes se venden para os turistas, cunha vista de cidade e neve que decora a paisaxe\u2013 \u00e9 posible que a alg\u00fan visitante, conmovido polas s\u00ednteses de Pereira, se lle escape entre os dentes a verba\u00a0<i>Rosebud<\/i>. Que v\u00e9n sendo\u00a0<a href=\"https:\/\/t.umblr.com\/redirect?z=http%3A%2F%2Fwww.allocine.fr%2Ffilm%2Ffichefilm_gen_cfilm%3D857.html&amp;t=YjEyODNjNTk5ZjI5NTk2NzUwY2E5ZGU0M2VlZWM5OTY1NzM1YTlhMyx5eHdBbzdDQQ%3D%3D&amp;b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&amp;p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F170681866021%2Fas-sinerx%C3%ADas-os-tempos-imaxinarios-e-as-vanitas&amp;m=1\"><i>Rosebud<\/i><\/a>\u00a0para Kane no filme de Orson Wells? Un universo inalcanzable? O universo da s\u00faa infancia, perdida sen remisi\u00f3n? A poes\u00eda, a intriga, o anacronismo coherente, o misterio nas realizaci\u00f3ns de Pereira. Com ben di o poeta\u00a0<i>O mist\u00e9rio das coisas, onde est\u00e1 ele? \/ Onde est\u00e1 ele que n<\/i>\u00e3<i>o aparece \/ Pelo menos a mostrar-nos que \u00e9 mist\u00e9rio? \/ Que sabe o rio disso e que sabe a \u00e1rvore? \/ E eu, que n\u00e3o sou mais do que eles, que sei disso?\u00a0<\/i>(Fernando Pessoa, 1911).<\/p>\n<p>Unha miga m\u00e1is al\u00f3 sorprende unha montaxe entre d\u00faas pezas que para nada se asemellan. No chan, cerca dunha parede est\u00e1 situada a escultura de Lazzerini, titulada\u00a0<i>Palas<\/i>\u00a0(1850). \u00c9 unha escultura figurativa, de est\u00e9tica clasicista, na li\u00f1a dun Ingres ou dun\u00a0<a href=\"https:\/\/t.umblr.com\/redirect?z=https%3A%2F%2Fwww.google.es%2Fsearch%3Fq%3DCanova%2Bescultor%26source%3Dlnms%26tbm%3Disch%26sa%3DX%26ved%3D0ahUKEwjZyKKOgJbZAhVBrxQKHSUWC9kQ_AUICigB%26biw%3D1366%26bih%3D654&amp;t=NzE2YTVhZDgyZWI2ODJlN2QwMWE1YWViNGJkZWQ0ZmViNGNmOWZlMSx5eHdBbzdDQQ%3D%3D&amp;b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&amp;p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F170681866021%2Fas-sinerx%C3%ADas-os-tempos-imaxinarios-e-as-vanitas&amp;m=1\">Canova<\/a>, que representa \u00e1 deusa espida e sentada.\u00a0<i>Palas<\/i>\u00a0parece pendente dunha peza que colga nesa parede e que non \u00e9 outra cousa ca un pequeno espello de oxidiana, esa pedra tan dura, cun marco redondo e avultado confeccionado con cornos de vaca. O t\u00edtulo de todo o conxunto:\u00a0<i>La doma del buey II<\/i>\u00a0(2017). Que\u00a0<i>feed-back<\/i>\u00a0se produce entre pezas tan dispares? Que prop\u00f3n a artista? Vista a composici\u00f3n en conxunto, coa iluminaci\u00f3n directa que Pereira lles d\u00e1, produce inquietude. Dir\u00edase que a escultura \u2013no chan, m\u00e1is baixa,\u00a0<i>A bela,\u2013<\/i>\u00a0est\u00e1 temerosa ou \u00e1s expensas do espello da parede. E o espello ben pode ser a boca da\u00a0<i>Besta<\/i>\u00a0que est\u00e1 sa\u00edndo da parede a punto de agredir, devorar \u00e1\u00a0<i>bela<\/i>. A profundidade que a suma de cornos vac\u00fans impo\u00f1en ao espello tam\u00e9n d\u00e1 para intu\u00edr que pode tratarse da boca dun or\u00e1culo, sempre temido, sempre decisivo. Ou ser\u00e1 que o boi \u2013ao que referencia o t\u00edtulo\u2013 \u00e9 a face que se ve reflectida nese espello de oxidiana?<\/p>\n<figure class=\"tmblr-full\" data-orig-width=\"600\" data-orig-height=\"899\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/78.media.tumblr.com\/dd730b2887425b0fd7ce6e5e0f515ad7\/tumblr_inline_p3vvglE4BG1r8divk_500.jpg\" alt=\"image\" width=\"500\" height=\"749\" data-orig-width=\"600\" data-orig-height=\"899\" \/><\/figure>\n<h2><i>Los huesos de la tierra.\u00a0Massimo Dutti<\/i><\/h2>\n<blockquote><p><i>\u00a0\u00c9 preciso destruir o prop\u00f3sito de todas as pontes Vestir de alheamento as paisagens de todas as terras, Endereitar \u00e0 for\u00e7a a curva dos horizontes, E gemer por ter de viver, como un ru\u00eddo brusco de serras \u2026 (Fernando Pessoa, Hora Absurda, 1913).\u00a0<\/i><\/p><\/blockquote>\n<p>Sorprendentemente hogano, nestes comezos de 2018 na cidade de Barcelona \u00e9 doado contemplar tam\u00e9n outra instalaci\u00f3n de Pamen Pereira. Neste caso tr\u00e1tase dunha actuaci\u00f3n da artista tel\u00farica nun espazo comercial. Non hai moito a firma Massimo Dutti abriu unha nova tenda no\u00a0<a href=\"https:\/\/t.umblr.com\/redirect?z=https%3A%2F%2Fwww.massimodutti.com%2Fes%2Feditorial%2Fmujer%2Fpaseo-de-gracia-96-c1730003.html&amp;t=ODQ5ODI0MDM0ZmE3NDk1NGI2ZjUzMDYxZDkyNzYyMGIyYjNiYWFjMSx5eHdBbzdDQQ%3D%3D&amp;b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&amp;p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F170681866021%2Fas-sinerx%C3%ADas-os-tempos-imaxinarios-e-as-vanitas&amp;m=1\">Passeig de Gr\u00e0cia 96<\/a>, un edificio modernista, espazo que ata hai pouco fora a sede de Vin\u00e7on. Nos espazos das escaleiras \u2013algunhas monumentais\u2013 do edificio, Pamen Pereira instalou\u00a0<a href=\"https:\/\/t.umblr.com\/redirect?z=https%3A%2F%2Fwww.youtube.com%2Fwatch%3Fv%3DqHcMQLOu09c&amp;t=M2U4N2UwYzlmNjc4NjhiNGYwMjE3ZjNjOThkZjQ3YjM0MWQ3ODU5Nyx5eHdBbzdDQQ%3D%3D&amp;b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&amp;p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F170681866021%2Fas-sinerx%C3%ADas-os-tempos-imaxinarios-e-as-vanitas&amp;m=1\"><i>Los huesos de la Tierra<\/i><\/a>, catro intervenci\u00f3ns que xogan cos espazos, coas vestimentas e mesmo coas persoas. Catro intervenci\u00f3ns para seguir investigando nas leis da Natureza, nos materiais tel\u00faricos e a s\u00faa interdependencia coas forzas emocionais.<\/p>\n<p><i>Los huesos de la Tierra<\/i>\u00a0\u00e9 unha instalaci\u00f3n do gusto de Pereira. Nela est\u00e1n condensadas algunhas das s\u00faas teimas e predilecci\u00f3ns. Hai natureza, hai enerx\u00edas que atentan contra as leis da gravidade. Na parte de riba da instalaci\u00f3n as andori\u00f1as voan e revoan, en espirais, en redemu\u00ed\u00f1os tan fortes que acadan por erguer do chan as pesadas pedras. As andori\u00f1as, a enerx\u00eda que logran acumular \u2013todas a un\u2013 no seu remu\u00ed\u00f1o ascendente provocan que as pedras \u2013 os \u00f3sos da Terra\u2013 voen como se fosen burbullas de xab\u00f3n. As forzas tel\u00faricas levitan. A\u00a0<i>Pachamama<\/i>\u00a0extende as s\u00faas \u00e1s polo \u00e9ter, xa por medio dos voos dos paxaros, xa coa ingravidez das pedras, un dos materiais fundamentais da s\u00faa esencia<\/p>\n<figure class=\"tmblr-full\" data-orig-width=\"800\" data-orig-height=\"534\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/78.media.tumblr.com\/e2eb4d58afe9f31008516870015c72a3\/tumblr_inline_p3vvgt0IWz1r8divk_500.jpg\" alt=\"image\" width=\"500\" height=\"333\" data-orig-width=\"800\" data-orig-height=\"534\" \/><\/figure>\n<p><i><b>Tiempo imaginario. Instalaci\u00f3n\u00a0<\/b><\/i><\/p>\n<blockquote><p><i>Que sorte, penso agora, a do pintor:\u00a0<\/i><\/p>\n<p><i>no lenzo, o mundo mira os ollos da vent\u00e1<\/i><\/p>\n<p><i>e para que o pincel escriba en terceira persoa<\/i><\/p>\n<p><i>nada deber\u00e1 ser sacrificado.<\/i><\/p>\n<p>(Mar\u00eda do Cebreiro,\u00a0<i>Non queres que o poema te co\u00f1eza<\/i>, 2004 )<\/p><\/blockquote>\n<p>No traballo que Pamen Pereira sit\u00faa na galer\u00eda Artur Ramon \u2013<i>Tiempo<\/i><i>imaginario<\/i>\u2013 hai unha peza, ao fondo, que pode considerarse un resumo do esp\u00edrito que ilumina todas as obras que a artista global tivo a ben ofrecer ao p\u00fablico barcelon\u00e9s. E a tal peza leva o parco t\u00edtulo de\u00a0<i>Instalaci\u00f3n<\/i>\u00a0(2017).\u00a0A concreci\u00f3n f\u00edsica da obra \u00e9 sinxela, o importante \u00e9 a concepci\u00f3n filos\u00f3fica e est\u00e9tica da mesma. Arrimado a unha parede vese un armario provenzal, de finais do s\u00e9culo XVIII \u2013un armario moi ben traballado, con baixorrelevos\u2013, que se adoitaba regalar a noiva cando casaba. As portas do armario est\u00e1n entreabertas e dentro, suspendido no ar hai un coraz\u00f3n met\u00e1lico, con ramallos dourados. E remata a composici\u00f3n un sutil so do bater dun coraz\u00f3n. Roupeiro, coraz\u00f3n, latexos. Esta obra,\u00a0<i>Instalaci\u00f3n<\/i>, participa das inquietudes e intereses da autora. Xoga cos tempos pasados e presentes, cos espazos emocionais e sensitivos, coas tecnolox\u00edas (o armario f\u00edxose coa mellor tecnolox\u00eda e sabedor\u00eda de hai 300 anos, e o coraz\u00f3n vai acompa\u00f1ado polo latexo real dun coraz\u00f3n humano).<\/p>\n<p>Pereira rev\u00e9lase, unha vez m\u00e1is, como a escultora de espazos pluritemporais, como a retratista de tempos cu\u00e1nticos. \u00c9 doado imaxinar a Pereira no seu estudo levando vida de asceta nos intres previaos \u00e1 execuci\u00f3n dunha obra. Ascetismo e mesmo xex\u00fan, como fac\u00edan os monxes ortodoxos antes de ser quen de encararse \u00e1 t\u00e1boa onde \u00edan crear unha icona para que formase parte desa estrutura que separa popes de p\u00fablico: o iconostasio. Pamen Pereira \u00e9 unha grande artista e a s\u00faa obra digna de ser admirada. Xogando \u2013como fai a artista\u2013 cos tempos e as identidades, p\u00f3dese conclu\u00edr cos versos que no ano 1995 Xohana Torres lle dedicou a outra artista galega (Marieta Quesada):<\/p>\n<p><i>Marieta, ti nunca estar\u00e1s soa:<\/i><i><\/i><\/p>\n<p><i>coa constancia das ondas, ben navegas<\/i><\/p>\n<p><i>\u2013Giotto ou Picasso\u2013 pola arte<\/i><\/p>\n<p><i>m\u00e1is primaria da Terra.\u00a0<\/i><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><b>Lito Caram\u00e9s<\/b><\/p>\n<p>EXPOSICI\u00d3N:<\/p>\n<p><i>Tiempo imaginario\u00a0<\/i><\/p>\n<p>Galer\u00eda de arte\u00a0<a href=\"https:\/\/t.umblr.com\/redirect?z=https%3A%2F%2Farturamon.com%2Fes%2Fespacio-de-arte%2F&amp;t=OWNlYTg2MjQ4ZGFiMmM3OTcyNWM4OTRiNTlmNGQ0MjRhYmYxMGQ5MSx5eHdBbzdDQQ%3D%3D&amp;b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&amp;p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F170681866021%2Fas-sinerx%C3%ADas-os-tempos-imaxinarios-e-as-vanitas&amp;m=1\">Artur Ramon<\/a><\/p>\n<p>ata o 24 de marzo de 2018<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/prazacatalunya.prazapublica.com\/post\/170681866021\/as-sinerx%C3%ADas-os-tempos-imaxinarios-e-as-vanitas\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Acceso art\u00edculo<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Na galer\u00eda de arte barcelonesa Artur Ramon a artista multidisciplinar Pamen Pereira exhibe as s\u00faas dotes de xam\u00e1n e feiticeira de enerx\u00edas, materias e intuici\u00f3ns. Pereira invita ao xogo de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":14,"featured_media":22691,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[565,405],"tags":[443,595,605,606],"class_list":["post-22687","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-general-es","category-blog-prensa","tag-exposicio-temporal","tag-exposicio-temporal-es","tag-pamen-pereira","tag-pamen-pereira-es"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/arturamon.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22687","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/arturamon.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/arturamon.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/arturamon.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/14"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/arturamon.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=22687"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/arturamon.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22687\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/arturamon.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/22691"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/arturamon.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=22687"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/arturamon.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=22687"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/arturamon.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=22687"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}